Denuncian que o Goberno de Vigo impón aos Bombeiros a realizar xornadas de reforzo constantemente que estan atentar contra a súa saúde laboral

Publicado por o día 03/04/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Denuncian que o Goberno de Vigo impón aos Bombeiros a realizar xornadas de reforzo constantemente que estan atentar contra a súa saúde laboral

O sindicato independente do Concello de Vigo – SICO, ven a manifestar ante a situación que están a sufrir os bombeiros do servizo de extinción de incendios deste Concello, ao atentar contra a súa saúde laboral e obrigarlles a realizar xornadas de reforzo constantemente, e ir en contra do ditado na lei de prevención de riscos laborais, este sindicato manifesta o seu total apoio a este colectivo e DENUNCIA:

Ao concelleiro delegado de seguridade, concelleira do partido PSdeG-PSOE ao cargo de Carlos López Font, polo seu decreto de talante ditatorial, abusivo e por atentar contra a saúde dos seus traballadores.

Denunciamos desde este sindicato ao mando responsable da elaboración das listaxes de traballo, por profundar mais na ferida e facer do decreto un ensañamiento persoal e particular, xa que desobedece as instrucións do concelleiro e incúmpreo xerando maior caos entre o persoal, debido a que:

a. Cando o decreto di que é obrigatorio para todo o persoal do servizo de bombeiros, este mando só aplícallo a parte do persoal, (non entende este sindicato como hai bombeiros que levan realizados desde o decreto 4 reforzos de 24 horas, é dicir 96 horas extras, e algúns xa lles esta obrigando a realizar o 5 reforzo é dicir 120 horas extras, mentres hai bombeiros que só levan 24 horas ou ningunha de reforzo). Isto xa deu motivo a que algún bombeiro acudise aos servizos sanitarios por sufrir ansiedade e tensión.

b. Non notifica os reforzos como se establece no decreto, é dicir con antelación e no período longo de descanso, e faio a golpe de mata e por teléfono, é dicir ao seu antollo.

c. Incumpre o decreto en materia do persoal con que se debe cubrir o servizo segundo o concelleiro e fai o que lle vén en gana:

i. Onde o decreto di que debe haber 3 mandos, o pon só 2 e pon a bombeiros a realizar funcións de mando

ii. Onde o decreto di que se cubra as comunicacións cun bombeiro o coloca a 2 bombeiros.

Ante este cumulo de irregularidades e ilegalidades que se están producindo, este sindicato quere poñer en coñecemento do Alcalde, Concelleiro de Seguridade e Xefe do servizo de Bombeiros, que se debido ao cansazo, esgotamento, perda de confianza, algún traballador do servizo sufrise algún accidente ou calquera outra circunstancia causada por estes motivos, o SICO actuará en defensa dos intereses dos traballadores deste servizo.