Opinión por Tonio Nogueira | Atlas imaxinario para unha nova República

SITUACIÓN, debullala mazaroca. A besta réxime do 78 entra en pánico.
Por o 20/12/2017 | Sección: Opinión
Opinión por Tonio Nogueira | Atlas imaxinario para unha nova República

Por Tonio Nogueira, activista social, militante do PCPG e científico

Este será o primeiro dunha serie de artigos concatenados, para tentar establecer unha proposta de posicionamento político global no momento actual. Artigos o mais sintéticos e sinxelos posibles, tendo a vocación de, a pesar de estarmos excluídos dos circuítos dos mass media, chegar ao máximo de persoas, e non só aos círculos endogámicos no que tantas veces a esquerda nos anclamos erroneamente.

Na Tv e na prensa só se fala de Catalunya e de Venezuela, e mentres que os bancos, o Ibex 35 e o PP (co apoio de PSOE e C´s) rouban miles de millóns de euros por ano, en base a corruptelas, estafas legais, precariedade e espolio, mentres recortan cada vez mais os nosos dereitos sociais e laborais e as nosas liberdades. Pola súa vez este conxunto de poderes fácticos, o que eu defino como Reino Capitalista de Espanha, preparan contraofensivas de manipulación mediática, control xudicial e represión policial, a unha escala nunca vista ata o de agora nestes 40 anos de falsa democracia.

Observámolo todos os días: inhabilitacións de por vida, multas impagables e mesmo condenas de prisión, por escribir un tweet (http://www.publico.es/sociedad/operacion-arana-libertad-expresion),  organizar unha manifa ou portar a imaxe dun amig@ nunha faixa. Mentres o poder mafioso subvenciona aos medios afíns, (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/dia-do-galego-medios-espanol) outros xornais e artistas son censurados, ou fican baixo ameaza (Hispán Tv, RT..) no caminho do que fixeron con Eguin. A vez os casos de “enaltecemento do terrorismo” son usados como comodín dunha persecución e criminalización ideolóxica sen cuartel. (http://www.publico.es/politica/audiencia-multiplica-cinco-numero-sentencias.html).

A Lei Mordaza espalla e repite a velha estratexia da Lei Corcuera e o estado espanhol convértese nun estado de excepción, pero xa non só para as vangardas da luita, senón para case todo o pobo, especialmente aquel que se mobiliza e se rebela.  Aplican a un tempo o control absoluto desde o poder económico sobre o poder político, control que á sua vez exerce o poder político sobre o poder xudicial (https://www.elplural.com/politica/2017/11/29/la-estrategia-del-gobierno-para-poner-jueces-afines-en-los-casos-del-pp).

Cada vez hai menos argumentos para poder dicir que vivimos nun estado democrático e de dereito, mais si governados por unha plutocracia amparada nun estado con trazas de excepción, que elimina ás testemunhas e aparta xuíces incómodos (https://www.losreplicantes.com/articulos/10-muertos-tramas-corrupcion-pp/), e verbalízanse exaltacións neofranquistas públicas, como as últimas de M. Rajoy amosando a formación fascista que procesa (http://www.eldiario.es/sociedad/franquista-defendido-Rajoy-desprecios-), ou a cagarría autoritarista a lo J. M. Ansar de Soraya  gobernadora do Virreinato temporal de Catalunya (https://www.youtube.com/watch?v=lznnjRPTkNY). Bon, quizais levaba unhas copas ou estupefacientes de mais, sabemos que o Partido Podre ten grandes contradicións, como por exemplo ser o partido da moral cristina franquista inquisitoria, e a vez o partido máis amigo dos narcos, coisas, mais a MAFIA ten que ter  amigos ata non inferno non . O que  quizais non cheiran rodeados do seu propio esterco, é que o chan por baixo dos seus pés estase derrubando.

O monstro non naceu coa crise – estafa de 2.008 nin coa maioría absoluta fraudulenta do PP de 2.011, aquí só comezou a retirar por completo a súa mascara. Despois de derrubar a democracia e asasinar ou afastar as principais persoas e colectivos da vangarda social, co golpe fascista do 1.936 e os 40 anos da longa noite de pedra, os governantes da ditadura Franquista contemplaron perplexos a revolución dos cravos do 74. É aí cando as elites burguesas que daban soporte ao réxime, deciden acelerar os pactos  cos entreguistas do PCE Carrillista e co PSOE Felipista.

Mediante un hábil desenho, que por veces revestiu formas sofisticadas e ben sincronizadas con sectores “aperturistas” e oligarcas pro-europeus e pro-ianquis, as maís importantes organizacións da esquerda clandestina espanhola, especialmente o PCE euro-comunista, foron efectivizando, con forte oposición das bases, os principios políticos da chamada reconciliación “nacional” e do “pacto pola liberdade” trazados ducias de anos atrás.

As elites franquistas conseguían desfacer, co concurso impagábel da cúpula do PCE e do PSOE vendidos polo pacto de lentelhas das súa legalización e participación electoral, o apertado nó xa comesto polo tempo, pero só para colocar unha nova atadura mais grosa e forte, para comezar de novo a apertar. Realizaron concesións temporais de carácter formal, para satisfacer con migalhas as demandas das cúpulas socialdemócrata e euro-comunista coa intención indisimulada de fraccionar e trabar calquera revolta momentánea, para erguer  un suposto escenario en forma de estado de “dereito” controlado por eles.

Cunha “monarquía parlamentaria” do sucesor de Franco e a IMPUNIDADE TOTAL para os militares e altos cargos represores e asasinos-torturadores da ditadura, cunha lei electoral fraudulenta feita a súa medida e cuns medios de comunicación e de produción cultural controlados polo poder económico e co pano de fondo perfecto o PACTO SOCIAL POLÍTICO E ECONÓMICO (da Moncloa), que permitise despexar o horizonte da operación de consolidación da vía económica de axuste, a medio prazo, para a tranquilidade do gran capital no proceso de integración europeu, do que tanto o PCE, como o PSOE e os seus respectivos sindicatos, CC.OO e UGT eran decididos e entusiastas partidarios.

Neste novo contexto tutelado de “consenso” entre cúpulas, iniciouse a edificación da chamada “transición modélica”, que pasado o primeiro decenio derivara xa claramente cara formas autoritarias e profundamente represivas, primeiros “axustes” económico-sociais e acordos recentralizadores (LOAPA), censura selectiva e persecución de disidentes, etc. Sumando a desinformación masiva e o dominio da produción cultural, dentro dun sistema económico cada vez máis especulativo e usurpador sen control, que abría o paso á presente etapa neoliberal; de certo crecemento macro-económico e profunda decadencia e desactivación da conciencia de clase, sometemento do espírito de rebelión que aínda ficaba, e declive da organización e combate da clase obreira, que foi esmorecendo.

Década tras década o réxime político do 78, controlando e sometendo o contrapoder das organizacións principais da esquerda anti-franquista, foise convertendo neste sistema que conhecemos. Un monstruo sistémico corrupto de dúas cabezas visíbeis, AP/PP-PSOE, que hoxe está xerarquizado desde o PP de M. Rajoy á cabeza, posuidor do orgullo criminal de ser o N1 en corrupción, sendo o titular dun 60-70% do custo da corrupción de todo o reino (https://www.casos-aislados.com/stats.php).

Este binomio-mafia do Partido Podre, privatizou os bancos, empresas e servizos públicos,  proseguiu coas reformas laborais máis draconianas en favor da patronal, especulou destruíndo a maioría dos recursos naturais e mesmo paisaxes dos pobos e comunidades e xerou a burbulla inmobiliaria con millóns de damnificados e a partir da crise de 2.008. Resgatou a banca privada, recortou e privatizou masivamente os servizos públicos e condenou á precariedade, miseria ou exilio a millóns de persoas en todo o estado espanhol, especialmente no sur da península e en Galiza, onde padecemos o triple de emigración que  a media espanhola xa avergonhante de por si (http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2014/10/22/porcentaje-gallegos-emigran-triplica-espanoles/891073.html).

Mais non todo esta perdido, o réxime do 78, que non é mais que o xeito en como se aplican as medidas da oligarquía espanhola e europea ao territorio que a dia de hoxe representa o estado espanhol, actúa deste xeito polas súas propias insuficiencias, pola desesperación ante a coxuntura internacional pavorosa. Debido a súa natureza corrupta e depredadora, non pode dar unha solución real aos problemas e inxustizas que cada vez sofren con maior intensidade millóns e millóns de persoas e trabalhadores, pois o réxime mesmo é a causa base de toda esa inxustiza.

É así que a pesar do seu tremendo control económico, mediático e cultural (progre-burgueses tertulietas, pseudointelectualoides de poltrona etc), innumerábeis mobilizacións e organizacións populares tenhense erguido e resistido nas últimas décadas: folgas xerais e mobilizacións obreiras, sindicatos de clase e patrióticos, organizacións políticas comunistas, socialistas, e de base soberanista, movemento feminista, ecoloxista e estudantil, auto-organización obreira e comunitaria,  “Nunca Mais”, “15M”…

Sen dúbida unha das claves é a acción directa e ir traballando nun maior asentamento de traballo colaborativo e cotiá entre todos os movementos, en todas as frentes para aumentar unha rede de mobilización e luita continua en base á rebeldía e á solidariedade permanentes, rachando sectarismos, instrumentalizacións, electoralismos, e outras dinámicas perversas.

E tamén é salientábel que grande parte desta mobilización social ten a súa punta de lanza actual en todo o Procés catalán, republicano e masivo, unha revolta que esta conseguindo ponher contra as cordas a todo o réxime (http://www.sermosgaliza.gal/opinion/tonio-nogueira/7-claves-entender-proces-catala-dende-esquerda-democracia/). Réxime que esta reaccionando dun xeito insólito de represión desmedida xeneralizada, e nunca vista antes, encarcerando co pretexto do 155, e fora de calquera lóxica democrática e da premisa da separación de poderes, ao goberno electo polo pobo catalán e aos dirixentes dos seus movementos sociais (Jordis).

A Lei Mordaza, súmase agora a dispositivos de milleiros de policías reprimindo a todo un pobo e a unha campanha mediática BRUTAL, onde participan tódos os grandes medios espanhois, dende La Sexta ata Antena 3, mesmo contratando actores.., algo vomitivo. Unha campanha pensada non só para criminalizar a todo o movemento catalán republicano, senón para criminalizar a todo o independentismo doutras nacións sen estado, pois a besta do 78 esta entrando en pánico.

A última baza do réxime foi potenciar 2 alternativas electorais aparentes, para pasar do bipartidismo ao un bipartidismo a catro. Unha “alternativa” de dereitas creada directamente polo Ibex 35, Ciudadanos. E outra formada por progre-inlectualoides pro-capitalistas pseudo-reformistas e nacionalistas espanhois, herdeiros do eurocomunismo entreguista e imperialista do PCE Carrillista, e catapultada polo trato favorable de parte dos mass-media do Ibex, Podemos (https://www.noticiasvigo.es/podemos-non-foi-nin-e-15m/) . Porén, esta baza está cada vez mais desacreditada e desmascarada pola súa vertente de suposta rexeneración pola esquerda, e xa son muitos os que continúan a denunciar a farsa. (https://cotarelo.blogspot.com.es/2017/12/la-izquierda-reaccionaria.html).

Nunca antes os pobos e os traballadores estivemos nunha situación tal. Este xoves 21 existirán en Catalunya unhas auténticas eleccións de dualidade, e non se trata só de independencia si ou non, a dualidade vai muito mais ala e é muito mais fonda. O pobo catalán elixirá o voto do MEDO e das MENTIRAS de esta ditadura mediática-cultural do IBEX 35,  reino medieval eclesiástico que rescata bancos e asasina e reprime as persoas de clase traballadora dentro e fora do seu estado, representada pola dereita herdeira do franquismo PP e C`s e pola dereita disfrazada de socialdemocracia do PSOE, e xa miraremos que papel xogará o entreguismo reformista de Podem-Comúm.

Ou elixirá a forza do cambio e da rebeldía das clases traballadoras catalanas, pola liquidación da besta do 78. O voto pola república contra a depravada monarquía borbónica, pola restauración dunha democracia mellor e mais real fora dos pactos cos herdeiros da ditadura. O voto contra un sistema apodrecido e corrupto, contra o imperialismo espanhol e as súas fronteiras, contra o IBEX 35, contra os exércitos e as policías franquistas, contra a U.E dos mercáderes profundamente antidemocrática. O voto contra o 155 e pola república catalana.

Sexa cal for o caso, gañase o voto da rebeldía ou o voto do medo debido desinformación que vertidas durante décadas alienaron a unha parte importante da nosa clase traballadora, incluíndo o entreguismo de parte da suposta “esquerda”; seguiremos construíndo república, con desobediencia e  luita permanente. Ímonos tod@s xuntas a a liquidar a esta besta  noxenta e asasina.

 

Guanyarem !!

Avante as repúblicas e a luita dos pobos !!

Aproveito para facer propaganda a a este gran documentario “Las Cloacas de Interior”

https://www.youtube.com/watch?v=nK5b1W9OPok&t=1224s

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.