Atletas da cidade de Vigo xa non aguantan máis o abandono das pistas de Balaidos e do material de entreno

Por o 08/04/2019 | Sección: Atletismo,Deportes,Galicia,Vigo
Atletas da cidade de Vigo xa non aguantan máis o abandono das pistas de Balaidos e do material de entreno
Atletas da cidade de Vigo veñen denunciar o abandono das pistas de atletismo de Balaidos, os atletas solicitan que Xunta de Galicia e Concello de Vigo abandonen as súas diferenzas para darlle unha “solución definitiva” ás Pistas de Atletismo de Balaídos, durante estes últimos anos os atletas foron maltratados debido a un nefasto mantemento das pistas por parte do Concello de Vigo. O prometido proxecto de reforma integral non foi desbloqueado e a mala xestión do goberno local ha provocado numerosas queixas dos atletas.
 
O mal estado dos materiais deportivos son publicos e notorios, os atletas piden mais mantemento xa que desde hai moito tempo o concello para deixado de facer, os materiais contan con numerosos danos e esixen a reposición do material deportivo deteriorado e do obsoleto.
 
No mes de febreiro as pistas de atletismo da cidade de Vigo despois dunhas reparacións minimas provocaron a perda de homologación das Pistas de Balaídos e o seu posterior peche para emendar os devanditos arranxos, os parches que realizou o Concello de Vigo para corrixir algúns danos do tartán provocaron que non se puideron disputar , por exemplo, citas tan importantes como o Torneo de Nadal e dúas series municipais”. Esta situación, explica García, “provocou que os atletas vaian ter que desprazarse ata Cangas e Ourense, sen que o Concello de Vigo ofreceulles ningunha outra alternativa para realizar as súas entrenos”.
 
No interior dos vestiarios as aves okuparon as súas instalacións para aniñar, é tamén urxente a reparación de vestiarios, que continúan nun lamentable estado de abandono.
Fotografías das denuncias

Comentar noticia

Your email address will not be published.