Atopado un varón flotando na auga

Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Sucesos

Atopado un varón flotando na auga

Onte, ao fío das 18:30 horas, o 112 Galicia recibía a alerta de varios particulares que informaban dunha persoa que non respondía ao final da praia Grande de Miño, ao pasar a caseta dos socorristas. Indicaban que a persoa estaba flotando na auga e, eles mesmos, retiraron ao varón da auga e trataron de reanimar.

Pese aos intentos de reanimación tanto das testemuñas como dos profesionais sanitarios que se desprazaron ao lugar, nada mais ser alertados polo 112 Galicia, nada se puido facer máis que confirmar o seu pasamento.

 Ao lugar, tamén se desprazaron os axentes da Garda Civil e da Policía Local despois de que o 112 Galicia solicitase a súa colaboración.