Atopan a un home que non respondía en Pizarro e resulta que este tenia unha orde de procura

Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Atopan a un home que non respondía en Pizarro e resulta que este tenia unha orde de procura

No día de onte ás 02:40 horas, recibiuse unha chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo desde a rúa Pizarro.

Un particular advertía acerca dunha persoa tombada sobre uns maceteros e que non respondía os estímulos cando trataban de espertarlle.

Ao lugar trasladouse unha Unidade, comprobando que o aludido estaba ebrio, declinando este ser asistido por unha ambulancia, a pesar do seu estado.

Ao obxecto de pescudar o seu domicilio, e dar completa cobertura ao servizo, os axentes procederon á súa identificación, resultando ser G. R. R, de Vigo e 51 anos de idade.

Finalizado ese proceso, os actuantes foron informados que lle constaba unha orde de procura, detención e ingreso en prisión do Xulgado do Penal nº1 desta cidade.

En atención a esta información, procederon a dar cumprimento ao requirimento xudicial, quedando o citado detido ao dispor do órgano competente.

Comentar noticia

Your email address will not be published.