Atopan en Chapela salchichas recheas de tornillos

Publicado por o día 11/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

Atopan en Chapela salchichas recheas de tornillos

Hai uns días recibimos una notificación dun veciño de Chapela que alertaba dunha situación incomprensible. Di que paseando pola zona da antiga estación do ferrocarril atopouse cuns cebos feitos con cachos de salchichas recheos con tornillos, (con clara intención de causar danos os animais), manifesta que xa retirou varios e nos indica que hoxe mesmo volveu a localizar mais cebos.

Do cal nos aporta fotos

Estes feitos, propios de alguén (CON INSTINTO DEPREDADOR) están a causar alarma social en Chapela, e xa foi notificada a policía local de Redondela quen nos informaron que recibirán denuncias sobre este tema e que xa pasaran a información o seu compañeiro de medio ambiente.
Que xustificación pode ter alguén ou que pretenden conseguir estes personaxes sen conciencia con este tipo de actos que so poden causar danos e sufrimento?