Atopan ferido a un home que desapareceu onte tras saír montado nun cabalo en Cangas

Publicado por o día 29/02/2020 na sección de Cangas,Galicia,Xunta de Galicia

Atopan ferido a un home que desapareceu onte tras saír montado nun cabalo en Cangas

Os servizos de emerxencia localizaron esta mañá a un home que desapareceu o mediodía de onte despois de saír do seu domicilio en Cangas montado nun cabalo. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o varón foi atopado ferido nunha zona de difícil acceso no lugar de Gandón, na parroquia de Aldán, ao redor das 11:30 horas.

Para rescatar ao home, o Servizo de Gardacostas de Galicia mobilizou ao helicóptero Pesca I, no que foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro. Ademais, co fin de atender ao varón, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou tamén un helicóptero medicalizado ata unha zona próxima ao lugar onde foi localizado.

O 112 Galicia tivo constancia da desaparición do varón ás 9:30 horas, a través dos axentes da Garda Civil, que coordinaron un operativo de busca no que interviñeron tamén os efectivos de Protección Civil de Cangas e a Policía Local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.