Atopan no río Támega o cadáver do home desaparecido en Verín

Axentes da Garda Civil comunicaban ao 112 Galicia que foi localizado o  home que faltaba do seu domicilio dende o pasado xoves. O achado tivo lugar pasados uns minutos das 12:00 horas deste mediodía, no río Támega, á altura de Queizás, moi preto da súa vivenda.

Ademais dos axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil de Verín e A Gudiña, membros do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante o emprego de drons, formaron parte do operativo de busca que a Garda Civil puxo en marcha desde que familiares do home denunciaran a súa desaparición.

Busca en MonÇao
Por outra banda, os Bombeiros de Baixo Miño sumáronse hoxe, cunha embarcación, á busca do pescador que leva desaparecido desde o pasado sábado en MonÇao.

A través do CIAE  112 Galicia, a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) ven de activar  o protocolo de colaboración transfronteizo  ARIEM 112, para a procura do home. Ademais, unha Unidade Operativa de Drons da AXEGA rastrexou onte, sen éxito,  a Praia Fluvial de Celas, en Arbo. Así mesmo, participaron no operativo que coordina a Comandancia Naval do Miño, un equipo de buzos e unha embarcación da Garda Civil española así como buzos e dúas embarcacións da Armada.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM