Atopan o cadáver dun home flotando na Praia Fluvial de Acearrica, en Allariz

Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Atopan o cadáver dun home flotando na Praia Fluvial de Acearrica, en Allariz

O corpo dun home foi atopado onte flotando na Praia Fluvial de Acearrica, en Allariz (Ourense).

Pasaban uns minutos das 20:30 horas de onte, cando unha persoa particular comunicou o achado ao 112 Galicia. Indicaba que acababa de atopar o corpo dunha persoa flotando na Presa do río de Allariz. Segundo o seu relato, asemellaba ser un home e estaba nun lugar de fácil acceso.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia deron conta dos feitos aos profesionais sanitarios, á Garda Civil e aos Bombeiros de Xinzo. Así mesmo, uníronse ao dispositivo os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os Bombeiros confirmaron o rescate do corpo do varón. Polo momento descoñécese a identidade da persoa, aínda que segundo indicaron, corresponde ao varón desaparecido en abril en Ourense.

Concretamente, o 112 Galicia tivo coñecemento da súa desaparición o pasado 27 de abril a través da Policía Nacional, que coordinou o dispositivo de búsqueda. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home estaba en paradoiro descoñecido desde o día 25 do mesmo mes.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.