Atopan o cadáver dunha muller que podía levar 15 días morta na súa vivenda en Vigo

Publicado por o día 30/05/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Atopan o cadáver dunha muller que podía levar 15 días morta na súa vivenda en Vigo

Os bombeiros e a Policía Local atoparon nunha vivenda de Vigo o cadáver dunha muller de 59 anos que puido morreu hai máis de 15 días. Os veciños alertaron as forzas de seguridade porque do domicilio, situado na rúa Párroco José Otero, saía un forte cheiro.

Había máis de dúas semanas que non vían a muller e ninguén contestou cando chamaron á porta. A falecida vivía soa e non localizaron ningún familiar para que puidese abrir o piso. Finalmente, os bombeiros entraron no domicilio e atoparon no chan da sala de estar o cadáver, que estaba en avanzado estado de descomposición.

Comentar noticia

Your email address will not be published.