Atopan o corpo sen vida dun pescador en Mugardos

Publicado por o día 07/05/2020 na sección de Sucesos

Atopan o corpo sen vida dun pescador en Mugardos

Os servizos de emerxencia recuperaron esta tarde da auga o corpo sen vida dun pescador na enseada de Santa Lucía, en Mugardos. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, trátase dun home que foi a pescar a un embarcadoiro próximo ao lugar onde foi atopado o seu cadáver.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través da chamada dunha persoa particular ás 14:40 horas. Indicaba no seu relato que atopara o corpo sen vida dunha persoa a cinco metros da costa.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia solicitaron a intervención de Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación ata a zona. Ademais desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento do Servizo de Gardacostas de Galicia, do GES e  da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mugardos, da Garda Civil, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.