Atopan o corpo sen vida dunha persoa na praia fluvial das Ninfas, en Ourense

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Atopan o corpo sen vida dunha persoa na praia fluvial das Ninfas, en Ourense

O 112 Galicia tivo constancia esta mañá do achado do corpo sen vida dunha persoa nas proximidades da praia fluvial das Ninfas, en Ourense.

Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia ao fío das 11:10 horas para indicar que atopara un cadáver aboiando no Río Miño.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Nacional e Local, dos Bombeiros de Ourense e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.

Unha vez retirado o corpo da auga, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.