Atopan un artefacto explosivo xunto ao Museo de Rande

Un particular chamou esta mañá para advertir do obxecto situado no medio das rocas
Publicado por o día 12/01/2020 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Atopan un artefacto explosivo xunto ao Museo de Rande

A Policía Nacional ha neutralizado esta mañá unha granada de morteiro achada por un veciño entre as rocas da praia de Rande, en Redondela. O home, que ía pescar, topouse co obxecto, duns 40 centímetros, pasadas as 10.00 horas e chamou ao 112. Finalmente, os Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos ( Tedax) do Tedax da comisaría de Vigo-Redondela conseguiron disipar as alarmas “evitando algunha incidencia grave con vítimas”, segundo comunicou o propio corpo.

Os axentes puideron constatar que se trataba dun artefacto de uso regular no exército que se supón que foi arrastrado polas mareas á beira. Trasladaron a granada con material de contención a un lugar seguro para o seu estudo tras aplicar un protocolo no que se aseguraron en varias comprobacións que os elementos de seguridade estaban en bo estado. Pola contra, terían que destruíla, pero non foi o caso.

A Policía deu conta do sucedido ao Xulgado de garda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.