Atopan unha cadela embarazada coas patas traseiras atadas asasinada nunha cuneta en Baiona

Publicado por o día 02/01/2019 na sección de Baiona,Galicia,Sucesos

Atopan unha cadela embarazada coas patas traseiras atadas asasinada nunha cuneta en Baiona

Hoxe temos unha terrible noticia, así arrinca o comunicado da Protectora de animais Bai. Senpulgas.

Como cada día saïamos ao encontro da mastína de fontes, para gañarnos a súa confianza, para poder sacala da rúa…

Uns dicían.. Aí está ben, para que collela? Ides quitar a vida…
A vida xa lla quitaron…
A rúa mata e os humanos tamén…

Atopámola fai un intre rastrexando a zona como cada día, porque facía 10 días q ninguén a vía.. Criamos q parira xa que quedaba pouquiño..

E así a atopamos Muertiña atada polas patas de atrás, horrible.

Millóns de grazas a todos os veciños e voluntarios que nos axudastes e non parastes de buscar para darlle outro final, o que se merecía.. non puido ser… pero isto non vai quedar así.

Grazas tamén aos corpos do estado que nos están axudando máis que nunca e en todo o que poden, viñeron voando nada máis chamalos. Esperamos conseguir que isto non quede así. Leváronlla ao centro de recollida e nuns días esperamos darvos máis noticias, pois seprona e o centro estarán a traballar para dar unha resposta a todo isto.

Se alguén pode achegar algo, que se poña en contacto connosco, non lla ve desde o martes 18 de decembro, a última noticia que temos dela foi da Policia ás 10 da mañá cando viñeron buscala con voluntarios, outra vez grazas e manterémosvos informados

Sentímolo pequena, sentimos non poder facer máis por ti, fallámosche… Agora descansa, ocuparémonos disto.

D.E.P.

📣📣📣Imagenes fuertes📣📣📣Hoy tenemos una terrible noticia.Como cada día salíamos al encuentro de la mastína de fontes,…

Publicada por Protectora de animales Bai.Senpulgas en Martes, 1 de enero de 2019