Menores atropelados nos termos municipais do Barco de Valdeorras e de Vigo

Publicado por o día 03/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Menores atropelados nos termos municipais do Barco de Valdeorras e de Vigo

Por outra banda, dous menores resultaron feridos a pasada tarde en senllos atropelos ocorridos nos termos municipais do Barco de Valdeorras e de Vigo.

No primeiro deles, un neno foi arrollado por un turismo á altura da Avenida de Elena Quiroga, ao fío das 18:45 horas. Segundo puido saber o 112 Galica, o menor tivo que ser trasladado polos efectivos sanitarios a un centro médico.

Nada máis recibir o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Policía Local e do GES de Valdeorras.

Ademais, outro menor precisou asistencia sanitaria ao ser atropelado na parroquia viguesa de Cabral, concretamente na rúa de Loureiro.

Ocorreu uns minutos antes das 19:00 horas e nada máis ter coñecemento do sucedido a través dunha persoa particular, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos Bombeiros de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.