Atropelo dunha persoa por un turismo na estrada de Valadares, en Vigo

Publicado por o día 19/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Atropelo dunha persoa por un turismo na estrada de Valadares, en Vigo

O 112 Galicia tivo constancia do atropelo dunha persoa por un turismo na estrada de Valadares, en Vigo.

Segundo a información facilitada a Emerxencias 112 Galicia, a persoa ferida estaba sentada na mesa dun local cando foi alcanzada polo vehículo.

O accidente sucedeu ás 14:30 horas de hoxe e, ademais da asistencia médica, ao lugar do accidente acudiron os axentes da Policía Local, quen tratan de esclarecer as circunstancias do sinistro, alertados polos xestores de 112 Galicia. Ademais, informouse aos Bombeiros de Vigo e aos membros de Protección Civil da localidade por se fose precisa a súa intervención.

Finalmente, a persoa ferida foi evacuada ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.