Atropelo en Nigrán

Publicado por o día 11/08/2020 na sección de Galicia,Nigrán,Sucesos

Atropelo en Nigrán

Non foi o único atropelo rexistrado esta mañá, xa que en Nigrán, na Rúa dos Pazos, rexistrouse un atropelo con dúas persoas feridas.

Foi ás 11:30 horas cando varios transeúntes da rúa chamaban ao 112 Galicia para alertar dun atropelo nese lugar. Indicaban que dúas persoas foran alcanzadas por un turismo e precisaban asistencia sanitaria.

Axiña, os xestores de emerxencias poñían o suceso en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que se encargaron da atención dos feridos. Así mesmo, informaban aos membros do GES de Val Miñor, aos axentes da Policía e Protección Civil da localidade.

Os servizos de emerxencia liberan en Cambre a unha persoa atrapada despois de ser atropelada por un vehículo

Os servizos de emerxencia tiveron que intervir esta mañá para liberar a unha persoa despois de ser atropelada e quedar atrapada debaixo do vehículo.

O accidente tivo lugar ás 10:45 horas na estrada que une O Temple e  A Barcala, moi preto da rotonda do Paraugas. Foi a esa hora, cando varios particulares chamaban ao 112 Galicia para dar conta do sucedido e solicitar asistencia médica urxente para a persoa ferida.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse aos profesionais sanitarios, que enviaban unha ambulancia medicalizada para a atención do ferido para o seu posterior traslado ata o centro hospitalario de referencia.

Tamén pediuse a colaboración dos Bombeiros de Arteixo, dos axentes da Policía Local e do Servizo Municipal de Emerxencias da localidade, que foron, finalmente, os encargados de liberar o ferido para ser atendido polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.