Atropelo en Sada

Publicado por o día 26/09/2018 na sección de Sucesos

Atropelo en Sada

Unha muller foi atropelada na Avenida da Marina, en Sada. A alerta saltou no 112 Galicia ás 19:15 horas de onte mediante as chamadas de varios veciños que viron como un vehículo golpeaba a unha muller e saía despedida. Así o relataron aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, que, decontado, informaron aos profesionais sanitarios.

Tras recibir os primeiros coidados, a muller foi evacuada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña para ser atendida das lesións provocadas polo impacto. Tamén, os servizos sanitarios contaron coa colaboración dos axentes da Policía Local.