Atropelo tras unha colisión por alcance en Vigo

Publicado por o día 08/08/2020 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Atropelo tras unha colisión por alcance en Vigo

Unha rapaza resultou ferida en Vigo despois de ser alcanzada por un turismo que foi golpeado por outro vehículo á altura do número 121 da Avenida da Florida.

Os feitos tiveron lugar ás oito horas da pasada tarde cando un dos implicados no sinistro chamou ao 112 Galicia para informar do sucedido. De acordo co seu relato, o seu vehículo foi golpeado pola parte traseira por outro turismo e o desprazamento involuntario provocado polo impacto culminou no atropelo a unha rapaza.

Con estes datos, desde o 112 solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Policía Local. Ademais, tamén pasouse aviso aos Bombeiros e aos voluntarios de Protección Civil da cidade olívica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.