O Auditorio Municipal acollerá a apertura da nova temporada da Orquestra Clásica de Vigo

Caballero presentou este luns a programación da Orquestra Clásica xunto ao seu director, Manuel Martínez. “É a formación decana de Galicia e cunha participación perenne no tecido cultural de Vigo”, destacou o alcalde. O primeiro dos nove concertos será o vindeiro 15 de marzo no Auditorio Municipal e o Teatro García Barbón acollerá o último do ano, o Concerto de Nadal, o 29 de decembro.
Publicado por o día 05/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

O Auditorio Municipal acollerá a apertura da nova temporada da Orquestra Clásica de Vigo

O Auditorio Municipal do Concello de Vigo acollerá o vindeiro 15 de marzo o primeiro concerto da nova temporada da Orquestra Clásica de Vigo. A programación foi presentada este luns por parte do alcalde, Abel Caballero, e o director da formación musical, Manuel Martínez.

“A Orquestra Clásica de Vigo é a decana das orquestras de Galicia cunha participación perenne no tecido cultural da cidade”, sinalou o rexedor. A Concellería de Cultura aporta 16.000 euros a través da subvención nominativa que figura nos orzamentos municipais de 2018 en Promoción Cultural, ademais da cesión gratuíta do Auditorio Municipal do Concello para os concertos do 15 de marzo, 11 de abril e 17 de maio.

A apertura da programación de 2018 será o vindeiro 15 de marzo no Auditorio Municipal co concerto “Ondas do Mar Levado” e o derradeiro será o 29 de decembro co Concerto de Nadal no Teatro García Barbón.