O Auditorio Municipal do Concello de Nigrán acolle este sábado 9 de setembro ás 20:30 horas o XV Festival de Habaneras e Boleros organizado pola Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán e que contará tamén coa presenza da Coral Polifónica Anduriña de Coruxo. Cada unha das formacións interpretará seis temas, entre os de Anduriña están “Terra Meiga”, “Esta Tierra” o “Catro vellos mariñeiros”; e entre os de Novos Aires “Amor compartido”, “Sin un amor” ou “Esclavo y amo”.
A entrada é de balde.
Noticias de última hora en Vigo