AUGA participa esta fin de semana no salón Franquiatlántico no que se presenta a franquicia como fórmula de autoemprego

Publicado por o día 28/02/2015 na sección de Vigo

AUGA participa esta fin de semana no salón Franquiatlántico no que se presenta a franquicia como fórmula de autoemprego

-Lisardo Domínguez, portavoz de AUGA, participou na charla A franquicia como fórmula de emprego na que apuntou que “hai que ter un bon plan de negocio e coñecer ben os dereitos e deberes para que o proxecto teña éxito”

AUGA, Autónomos de Galicia, participa durante esta fin de semana no Salón FranquiAtlántico – Franquicias & Negocios que ten lugar no Exhibition Center da Terminal de Cruceiros de Vigo. O portavoz de AUGA, Lisardo Domínguez, subliñou que “asistimos unha vez máis, como vimos facendo dende os seus inicios xa que é unha referencia en todo o noroeste da penínsUla e punto de reunión estratéxico para o sector”.

Domínguez estivo presente na mesa redonda que tivo lugar esta mañá, A franquicia como fórmula de emprego na que destacou a experiencia de varios socios da organización co sistema de franquicia, “aportamos a nosa visión sobre este concepto de negocio. Unha situación na que se encontran moitos autónomos e unha maneira de iniciarse para aqueles emprendedores que teñen ganas de levar adiante un proxecto novo”.

Durante a sesión, o portavoz de AUGA fixo fincapé “nas posibilidades que ofrece o sistema de franquicia e tamén apuntou os puntos negativos a ter en conta antes de decidirse por esta maneira de traballar. Hai que ter todo en conta, un bon plan de negocio e coñecer ben os nosos dereitos e deberes antes de comezar para que o proxecto teña o éxito que se pretende e non se convirta nun grave problema”.

Stand informativo de AUGA 

Ademais das charlas informativas, o salón Franquiatlántico conta con máis de medio centenar de stands nos que están representadas ao redor de 300 marcas comerciais. AUGA conta cun stand propio co fin de “intercambiar experiencias con outras empresas e organismos do sector, presentar os servizos como organización de autónomos e ofrecer asesoramento para os asistentes que teñen en mente iniciarse por conta propia”.

PRENSA AUTÓNOMOS GALICIA