Aumenta nun 40% o número de adictos ao xogo que piden que se lles prohiba apostar

AGAJA e doutras asociacións contan as súas vivencias e opinións en Informativos Telecinco
Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

Aumenta nun 40% o número de adictos ao xogo que piden que se lles prohiba apostar
Ricardo conta que despois de pasar máis dun ano durmindo no coche, a súa vida tiña que cambiar. Un dos pasos que deu foi a autoexclusión no xogo co rexistro xeral de ludópatas.
 
Cando soubo que a súa saúde estaba en xogo apuntouse ao rexistro xeral de ludópatas. «Eu só pensaba no xogo», cóntanos Jose Ramón, quen non pode apuntarse a ningunha web de apostas online.
 
Case 44.000 persoas fixeron o mesmo que el, autodenunciarse para que lles impidan xogar. A lista crece imparable, no último ano aumentou nun 40% o número de adictos.»Todo o que sexa un freo máis para a miña enfermidade, benvido sexa», explica tamén Iván, quen tamén recoñece que evita as rúas onde sabe que hai casas de apostas.Facerse visible é un paso máis para rehabilitarse, pero os expertos denuncian que hai unha falta de control. «Os centros de xogo non piden a documentación«, conta o Presidente de Aergi, asociación dedicada á rehabilitación de adiccións.

Comentar noticia

Your email address will not be published.