Autoridades institucionais inauguran a feira Mindtech

Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Autoridades institucionais inauguran a feira Mindtech
Esta mañá, ás 12 horas, distintas autoridades participaron na inauguración oficial da Metal Industry and Technologies International Trade Fair (Mindtech) que arrinca hoxe a súa primeira edición no Ifevi en Vigo.
 
Organizada pola Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime), esta feira reunirá a máis de 200 expositores líderes no sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas, tanto do ámbito nacional como internacional.
 
Cunha afluencia estimada de 20.000 visitantes, será o novo foro de referencia do sector industrial do polo ibérico.
 
D. Enrique M. Mallón Otero, Director Xeral de MINDTECH, abriu o acto destacando: “Hoxe facemos historia cunha feira que será referente do sector industrial do Polo Ibérico. É un orgullo o extraordinario apoio brindado por todas as institucións colaboradoras e o esforzo do equipo humano que fixo posible este evento internacional.”
 
D. Xusto Sierra Rey, Presidente de MINDTECH, incidiu no seu discurso que “O sector do metal e as súas tecnoloxías asociadas pode e deber sentirse orgulloso da súa traxectoria. Hoxe queremos proxectar ao mundo as capacidades desta industria que mostrará en Mindtech os seus últimos avances”.
 
D. Santiago Novoa García, Director Banca Institucional ABANCA, realizou a seguinte intervención, onde declarou “Nos enorgullece ser colaboradores nesta feira de referencia, que mostra o forte potencial industrial de Galicia, froito da capacidade dos seus empresarios e dun sofisticado ecosistema de cooperación público-privada”.
 
D. David Regades Fernández, Delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, destacou: “Vigo necesita certames como este para mostrar ao mundo as nosas capacidades e impulsar nosa gran industria. Mindtech é unha iniciativa fundamental que contribuirá a situar á nosa cidade como un referente da industria metalúrxica e metalmecánica.”
 
Dna. Carmela Silva Rego, Presidenta da Deputación de Pontevedra, declarou: “Hoxe é un gran día para Vigo e o seu sector industrial. Mindtech nace como unha gran idea que nos vai a converter nunha referencia do sector do metal, que destaca pola súa capacidade transformadora, intelixencia, iniciativa e capacidade de innovación”
 
D. Abel Caballero Álvarez, Alcalde de Vigo, comentou na súa intervención que “ Mindtech é exemplo de como entender o mundo no que vivimos, coa vista posta no futuro. Aquí conflúen a tecnoloxía, a industria, e o esforzo de cooperar entre todos”.
 
D. Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia, declarou “ Mindtech é unha exhibición da potencia creativa, resolución tecnolóxica e oportunidade económica e comercial. Estamos #ante o comezo dun importante proxecto chamado a consolidarse no futuro e a situar a Vigo e Galicia como punto de referencia.”
 
Despois das intervencións, as autoridades realizaron un percorrido pola feira visitando algúns das casetas das máis de 200 empresas presentes en Mindtech.
 
A axenda da feira continúa durante o resto do día e inclúe a entrega dos premios SEUA- Mindtech Awards, que terá lugar esta noite durante a Cea de Gala Mindtech a partir das 20.30 horas no Hotel Pazo os Escudos coas intervencións de Xusto Sierra, Presidente de MINDTECH; Xiana Méndez, Secretaria de Estado e Comercio, Francisco Conde, Conselleiro de Economía Empreo e Industria, e Abel Caballero, Alcalde de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.