Autos González reforza a liña Vigo-Redondela con motivo do Entroido de Verán

A empresa de transporte de viaxeiros por estrada Autos González reforzou a liña Vigo – Redondela con motivo do Entroido de Verán, que se celebra nesta última localidade o sábado 24 de agosto.
Publicado por o día 20/08/2019 na sección de Galicia,Redondela,Vigo

Autos González reforza a liña Vigo-Redondela con motivo do Entroido de Verán
A empresa de transporte de viaxeiros por estrada Autos González reforzou a liña Vigo – Redondela con motivo do Entroido de Verán, que se celebra nesta última localidade o sábado 24 de agosto.
 
En concreto, a compañía incrementará as frecuencias dos autobuses entre Vigo e Redondela, que sairán desde a cidade olívica (Arenal, 52 – antigo Reitorado) cada trinta minutos, entre as 18.00 e as 24.00 horas, e regresarán desde Redondela (Estrada Vigo, 14 – fronte a Hobbybike) entre as 00.00 e as 05.00 da madrugada. Neste sentido, cabe precisar que esta será a única parada de subida e baixada de viaxeiros en Redondela, debido á gran afluencia de xente que se estima, acudirá ao entroido.
 
Con esta ampliación no horario do transporte público preténdese reducir o número de vehículos que accedan ao municipio, facilitando a chegada a Redondela para asistir ao Entroido de Verán e evitando ao mesmo tempo a preocupación dos usuarios por coller o seu vehículo de regreso a casa.
 
Esta medida permitirá, ademais, evitar atascos e problemas de estacionamento, dado o gran volume de asistencia que se espera ao evento, ao redor de 30.000 persoas.