Avalancha de solicitudes para participar nas rutas de Paddle Surf do Lérez

Publicado por o día 27/07/2020 na sección de Galicia,Pontevedra

Avalancha de solicitudes para participar nas rutas de Paddle Surf do Lérez

Tres horas. Ese foi o tempo que duraron as plazas dispoñibles para participar nos roteiros turísticos polo Lérez organizados e ideados pola Concellería de Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco. A Concellería, ante a numerosa demanda, decidiu ampliar en dúas xornadas máis as rutas de Paddle Surf polo río Lérez que comenzaron o pasado 25 de xullo. En apenas unhas horas, tras terse aberto o formulário de inscripción na páxina web www.visitpontevedra.eu agotáronse a totalidade das prazas dispoñibles para as oito rutas polo Lerez, entre diurnas e nocturnas, en grupos reducidos de oito persoas acompañadas de monitores.

A concelleira Yoya Blanco resalta que “este é o claro exemplo de que o turismo de proximidade é, mesmo na cidade de Pontevedra, mostra dun enorme interés de coñecer a cidade a través do río Lerez”. Asimesmo a concelleira destaca que “esta actividade é o principio de numerosas iniciativas que imos levar a cabo neste camiño de vida que é o río Lérez. Pontevedra, despois de moitos anos de vivir de costas ó Lérez, mira e disfruta dos seus ríos”.

A partir deste luns se reabren os plazos de inscirpción para as novas rutas en paddle surf polo Lérez, que terán lugar os días 1 e 22 de agosto.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.