Avante LGBT presenta a súa programación para o mes do Orgullo en Compostela do ano 2019

Publicado por o día 11/06/2019 na sección de Galicia,Santiago

Avante LGBT presenta a súa programación para o mes do Orgullo en Compostela do ano 2019

Avante LGBT presenta a súa programación para o mes do Orgullo en Compostela do ano 2019. A programación comeza cun encontro informal, en conmemoración do día da visibilidade lésbica galega, para falar da historia das mulleres lésbicas, bisexuais e trans. Encontro que terá lugar o mércores 12 ás 20h no centro social Gentalha do Pichel. Neste mesmo espazo terá lugar unha foliada LGBT o venres 21 ás 21h na cal se celebrará a cultura galega dende a diversidade, e a diversidade dende a cultura galega.

Xa na propia sema do Orgullo o mércores 26 e o xoves 27 faranse pasarrúas horteras, con música, cánticos, e moitas cores, para chamar á cidadanía a manifestarse o día 28.

Este día 28, o día internacional do orgullo LGBT+, haberá un picnic LGBT no parque de Belvís que enlazará con xogos ao longo de toda a tarde. Chegadas as 8 da tarde sairase en manifestación dende a praza 8 de marzo rematando a marcha na praza do Toural coa lectura dun manifesto e cunha bicada reivindicativa.

A programación deste ano rematará cun novo encontro informal na Gentalha do Pichel o mércores 2 de xullo ás 20h no cal se debaterá a mercantilización do orgullo e o capitalismo rosa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.