Avante a loite dos bombeiros

Publicado por o día 18/08/2017 na sección de Deputación de Pontevedra,Política

Avante a loite dos bombeiros

Desde a Coalición SON levan meses de loita ao lado dos bombeiros; meses facendo preguntas na Deputación sobre a calidade do servizo, sobre as condicións dos traballadores, sobre o cumprimento dos pregos. Solicitamos xa hai meses até dous permisos para visitar o Parque de Bombeiros de Ribadumia e o de O Porriño; continuando á espera, sen renderse, pero indignadas, porque ademais de esconder neglixencias e incumprimentos teñen o valor de contestar de maneira oficial que a empresa concesionaria, MATINSA, cumpre absolutamente o contrato.

Que está todo ben. Debe ser cousa dos traballadores, os que arriscan a vida para salvar a nosa. Os que poñen en xogo os seus postos de traballo para defender un servizo público para a cidadanía.

Hoxe, 11 anos despois da posta en marcha do Parque do Morrazo volven para apoiar a estes verdadeiros heroes, porque xa o dixeron unha vez: a Coalición Son está do lado das traballadoras, e non quere saber nada da patronal nin da empresa nin da xerencia. E seguirán porque a loita continua; avante!