Avanzan na execución da pasarela de Marineda co inicio o luns de traballos de cimentación, que implicarán cortes de carrís na estrada AC-552 ata o venres

Por o 14/10/2018 | Sección: A Coruña,Galicia,Xunta de Galicia
Avanzan na execución da pasarela de Marineda co inicio o luns de traballos de cimentación, que implicarán cortes de carrís na estrada AC-552 ata o venres

A Xunta avanza na execución da pasarela de Marineda co inicio o luns de traballos de cimentación para os que serán necesarios cortes dun carril en cada sentido da estrada AC-552 ata o venres.

O vindeiro luns comezarán os traballos para executar a cimentación do punto no que se instalará un pórtico de sinalización, o que implicará restricións da circulación.

O Goberno galego segue avanzando na construción da pasarela e o itinerario peonil e ciclista entre A Grela e Marineda, ao longo da estrada AC-552, que incrementará a seguridade dos cidadáns nos seus desprazamentos habituais e dotará a contorna dunha maior integración paisaxística.

Os traballos que están a executar no entorno recollen como actuación máis singular a construción dunha pasarela elevada duns 200 metros de lonxitude, ao carón do centro comercial, que comunicará ambas as marxes da estrada autonómica.

Ademais, tamén se proxecta a construción do itinerario peonil e ciclista senda, de 700 metros, que irá ata a parada de autobús existente fronte ao centro comercial Marineda.

Comentar noticia

Your email address will not be published.