Avisos do tráfico na cidade de Vigo

Publicado por o día 02/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Avisos do tráfico na cidade de Vigo

Corte tráfico túnel de Beiramar, lado mar

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado mar, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra I+D , estará pechado ao tráfico o túnel da rúa BEIRAMAR lado mar (VIGO) , o domingo 8 de setembro de 2019 en horario de 07:30 a 14:00.

Corte tráfico na rúa Camelias dos números 129 ao 141

Por mor da obra de reparación de arquetas, a realizar pola empresa Fcc Aqualia , estará pechada ao tráfico a rúa CAMELIAS Nº 129 ao 141, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 8 de setembro de 2019 ás 08:00 horas e por un período aproximado dun día. Tamén corte do túnel de Pza América en sentido cara a Camelias (con New Jersey). Desvíos por Gran Vía.

Corte do tráfico na rúa Brasil número 1

Por mor da obra de canalizacion de saneamento no cruzamento con Gran Vía, a realizar pola empresa Ute Contorno Gran Via , estará pechada ao tráfico a rúa BRASIL Nº1 , con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, dende o 4 de setembro de 2019 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días. Desvíos por México.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.