Avisos do tráfico na cidade de Vigo

Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Galicia,Vigo

Avisos do tráfico na cidade de Vigo

Corte de tráfico en Camelias entre P.América e P. Independencia

O domingo día 8 de setembro o tramo de Camelias comprendido entre P. América e P. Independencia. (Sentido P. América – Camelias) estará pechado ao tráfico por obras, entre as 08.00h e 19.00h

As liñas que teñen o seu paso por Camelias, realizarán o percorrido por P. América – Coruña – P. Eugenio Fadrique – Torrecedeira – A Paz – Pi Margall – P. Alfonso e percorrido normal.

Parada anuladas: Todas as de Camelias e López Moura. (Únicamente sentido centro)

A parada de P. América 1 realizarase con normalidade.

Corte tráfico na rúa Chao número 8

Poñemos en coñecemento do público en xeral que por mor da descarga de materiais de obra, a realizar pola empresa Lapatian Sl , estará pechada ao tráfico a rúa CHAO Nº 8, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga descarga, o 6 de setembro de 2019 dende as 08:00 horas e por un período aproximado de catro horas.

Corte de tráfico en Casás

Con motivo da celebración das festas de San Andrés de Comesaña, os días 6,7,8 e 9 de Setembro, a liña 29 non prestará servizo a zona da Igrexa de San Andrés.

O servizo de Casás manterase con normalidade.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.