A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue aposta pola mellora e a calidade no servizo aos cidadáns mediante a renovación de dúas unidades móbiles

Por o 23/10/2017 | Sección: Salud,Sanidad
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue aposta pola mellora e a calidade no servizo aos cidadáns mediante a renovación de dúas unidades móbiles

O Diario Oficial de Galicia do pasado venres 20 de outubro recolle o anuncio polo cal se convoca o concurso público para a subministración dos dous novos vehículos, cunha partida orzamentaria de 599.918 euros.

O prazo de execución do concurso está establecido en seis meses dende a sinatura do contrato, polo que ADOS estima que a posta en funcionamento das novas unidades móbiles terá lugar ao longo do vindeiro ano 2018.
Autonomía e comodidade
Os novos vehículos disporán de subministro eléctrico autónomo e sistema de climatización, así como a máis moderna tecnoloxía que garanta a máxima seguridade e confort para que os cidadáns podan realizar a súa doazón de sangue.
Así mesmo, as unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, cunhas dimensións de 12,2 metros de lonxitude e 3,4 metros de altura, estarán divididas en tres espazos: un área de recoñecemento medico, unha sala de doazón con capacidade para seis padiolas e un área de refrixerio.
A Consellería de Sanidade e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue salientan a importancia da mellora na prestación do servizo aos cidadáns mediante a contratación destas novas unidades móbiles, lembrando que, na actualidade, case o 85% das máis de 111.000 doazóns de sangue que se recollen anualmente en Galicia, rexístranse nestes vehículos.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.