A axencia “Turismo de Galicia” suvenciona unha traballadora para a oficina de turismo do Concello de Nigrán

Publicado por o día 24/08/2017 na sección de Galicia,Nigrán,Turismo

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Turismo de Galicia, subvenciona durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro a contratación dunha persoa para a Oficina de Turismo de Nigrán por un importe total de 4.535,34 euros.

Trátase dunha axuda destinada a municipios turísticos e xeodestinos de Galicia e o fin é promocionar e estimular un sector competitivo, de calidade e accesible. Esta persoa se atopa traballando na oficina de turismo ubicada en Patos.