A axenda da viaxe a México suma máis de 40 citas institucionais e de traballo

O alcalde Miguel Fernández Lores estará copresidirá a inauguración da Expo Pymes e neste foro exporá o modelo Pontevedra, e tamén no Senado e no ITAM
Por o 12/08/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra
A axenda da viaxe a México suma máis de 40 citas institucionais e de traballo

Máis de 40 reunións e encontros institucionais e empresariais en oito días, unha intensa axenda que aínda non está pechada ao 100%. A concelleira de Promoción Económica e da Cidade, Anabel Gulías, adiantou hoxe o groso da axenda de traballo da viaxe que levará a México, do 22 ao 31 de agosto, ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores ao fronte dunha delegación institucional e empresarial.

Pontevedra estará presente en Expo-Pymes 2017, unha das feiras máis importantes de México e referencial en Latinoamérica, con stand propio. O alcalde asistirá á inauguración ao carón do alcalde anfitrión, Miguel Ángel Mancera e desenvolverá encontros oficiais e con medios de comunicación mexicanos neste punto, no que tamén as empresas que viaxan coa delegación de Pontevedra manterán reunións de traballo.

No marco da Expo-Pymes 2017, Miguel Fernández Lores impartirá unha conferencia sobre o modelo urbano que posiciona a nosa cidade no mundo. Será o arranque dunha intensa semana de contactos, intervencións, conferencias e relacións institucionais que levará a delegación oficial tamén a outros dous estados -Guanajuato e Querétaro- e a outras tres cidades: Celaya, León e Querátaro.

A concelleira Anabel Gulías sinalou como obxectivos “conseguir establecer sinerxías comerciais e institucionais e contribuír ao posicionamento internacional da cidade” o que non é pouco xa que hai que lembrar que “só somos un Concello e conseguir esta axenda non é casualidade, débese ao traballo previo que se realizou nesta cidade a nivel de posicionamento e de marca e ao traballo destes meses para cristalizalo”.

Mércores 23 de agosto

  • Inauguración de Expo Pymes no Worl Trade Center de Cidade de México
  • Conferencia sobre o modelo urbano de Pontevedra

Mércores e xoves 23 e 24 de agosto

  • Entrevistas con medios de comunicación mexicanos e contactos informais con empresarios e representantes sociais.

Venres 25 de agosto

  • Encontro con cineastas na Cineteca Nacional de México
  • Conferencia: Pontevedra: Modelo Urbano e Industrias Culturais, no Centro Cultural de España en México
  • Cóctel -servido polo chef Iñaki Bretal- coas empresas locais e mexicanas e distintas personalidades co fin de estreitar relacións bilaterais nun ambiente informal, no Centro Cultural de España

Domingo 27 de agosto

  • Entrevista co alcalde de Celaya, Ramón Lemus

Luns 28 de agosto

  • Entrevista co alcalde de León, Héctor López Santillana
  • Entrevista co alcalde de Querátaro, Marcos Aguilar

Martes 29 de agosto

  • Intervención no Senado da República de México e entrevistas cos distintos grupos políticos

Mércores 30 de agosto

  • Intervención no ITAM, Instituto Tecnológico Autónomo de México). Poñente no Seminario Datos que transforman

Esta axenda vai intercalada con encontros con funcionarios e expertos en mobilidade, representantes de organizacións empresariais, grupos políticos e medios de comunicación.

Relación de empresas e organizacións que viaxan co alcalde:

  • Covsa (Construccións, Obras e Viarias SA)
  • Galventus Servizos Eólicos
  • Tokapp Online
  • Setga
  • Krack Zapaterías
  • Ya te comeré
  • Matriuska Producciones
  • O graneiro de Amelia
  • O Eirado/Iñaki Bretal
  • Visit Pontevedra e Mancomunidade do Salnés

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.