Axentes da Policía Local arrestan no Porriño a un individuo de 60 anos coma presunto autor un delito de violencia de xénero

Por o 19/09/2018 | Sección: Galicia,O Porriño,Sucesos
Axentes da Policía Local arrestan no Porriño a un individuo de 60 anos coma presunto autor un delito de violencia de xénero

Axentes da Policía Local do Porriño arrestaron este luns pasado, día 17, a J.A.S.V., un individuo de 60 anos de idade, coma presunto autor de un delito de violencia de xénero.

Segundo indica o responsable da Policía Local, os feitos sucederon ás 20:39 horas de antonte: a esa hora a vítima achegouse á Xefatura para denunciar que viña de ser agredida pola súa parella, “amosando uns claros hematomas”.

Axiña activouse o protocolo de actuación establecido na Policía para situación de violencia machista, sendo trasladada a vítima ao Punto de Atención Continuada (PAC) de urxencia do Centro de Saúde do Porriño para que fora asistida e, posteriormente, tramitando a presentación da denuncia contra o suposto agresor, “atopándose, en todo momento, acompañada polos axentes, ata a detención da súa parella”.

Do mesmo xeito, deuse aviso ao servizo xurídico do Centro de Información á Muller (CIM) do Porriño, para que asesorase á denunciante.

Logo de varias xestións, ás 22:10 horas foi detido o presunto autor dos feitos e presentado ante o Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 do Porriño, que atende os casos de violencia de xénero.

Comentar noticia

Your email address will not be published.