Axentes da Policía Local interceptan a unha condutora que circulaba cun menor no coche e case multiplicaba por catro a taxa de alcol permitida legalmente

Axentes da Policía Local recibían ás 17:22 horas de este venres, día 5 de outubro, a chamada dun condutor que circulaba pola  N-550, en dirección a O Porriño, informando de que o coche que ía diante do seu estaba a facendo ‘zig-zag’ e,as veces, entrando no carril contrario.

Coa finalidade de  localizar inmediatamente este coche, que estaba a poñer en perigo a seguridade do  resto dos vehículos, os axentes da Policía Local mantiveron a chamada de teléfono en liña para que a persoa que alertara desta situación puidese informar de onde se atopaba en cada momento. Isto facilitou que o coche fose interceptado no quilómetro 154,800 da N-550.

Unha vez que o mesmo estivo parado, os policías comprobaron que no seu interior viaxaba un rapaz de 12 anos, fillo da condutora, unha muller de 52 anos a cal, sinalan os axentes, “amosaba claros síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcólicas, tendo que ser agarrada algunhas veces para que non caese”.

Sometida ás probas de alcoholemia, as mesmas deron un resultado que multiplicaba case que por catro a taxa legalmente establecida, polo cal os policías procederon á instrución de dilixencias pola suposta comisión dun delito contra a Seguridade Vial, pasando as mesmas a disposición do Xulgado de Garda.

Á vista do estado de embriaguez da condutora, os axentes realizaron xestións para levar ao rapaz cun familiar e, ao mesmo tempo, procederon a inmobilizar o coche no lugar.

Dende a Policía Local sublíñase o feito de que esta intervención fose realizada grazas á colaboración cidadá que, asegura, “é fundamental en situación coma esta para evitar que condutas semellantes poidan causar un accidente con graves consecuencias”.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM