Axuda, colaboración e voluntariado na defensa dos nosos bosques e montes

Publicado por o día 30/10/2017 na sección de En Marea,Política,Social

Axuda, colaboración e voluntariado na defensa dos nosos bosques e montes

Sabemos que moitas de vos queredes axudar a paliar os estragos feitos polos incendios. Neste senso, dado que son quen mellor coñece o tema, parécenos apropiado que contactedes cos colectivos ecoloxistas, concellos e Comunidades de Montes da zona cero que están organizando ese traballo, polo que pasámosvos algúns contactos de colaboración directa que esperamos sexan do voso interese.

Colectivos Ecoloxistas:

Amigos da Terra: O longo desta semana tiveron as primeiras reunións de coordinación do voluntariado, neste primeiro momento, con aquelas persoas con coñecementos de deseño e planificación de actividades. Nas vindeiras semanas coordinaranse tamén aquelas persoas que se ofrezan a facer traballo de campo.

Se queredes colaborar con Amigos da Terra en accións de recuperación de zonas incendiadas, podédesvos anotar no formulario que atoparedes ó final deste enlace:
http://amigosdaterra.net/info/160415_adt/2017/10/18/e-agora-que/
Incluímos o seu e-mail, o seu teléfono e a súa web por se tivesedes calquera dúbida:
info@amigosdaterra.com
988374318
www.amigosdaterra.net

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA: A priori estanse centrando nunha actuación máis a longo prazo que podedes consultar no seguinte enlace:http://adega.gal/novas.php?id=661&idioma=gl&sec=209

Inda así, están a elaborar un listado de persoas voluntarias, coas que se porán en contacto se o final deciden organizar algunha actividade máis concreta. Deixamosvos o contacto por se fose de interese:
E-mail: adega@adega.gal
Teléfono: 981570099
Páxina web: www.adega.gal

– Verdegaia: infórmanos de que non están organizando ningunha acción específica polo tema dos lumes, máis levan tempo, entre outras actividades, colaborando no proxecto de Lousame, unha Comunidade de Montes que aposta por outro modelo de política forestal, ónde entre outras cuestións, trabállase para eliminar o eucalipto e a mimosa e substituílos por especies autóctonas, cómo o carballo e o castiñeiro. Especies que protexen o monte actuando cómo cortalumes. Se queredes coñecer este proxecto concreto ou obter máis información sobre as súas actividades podedes poñervos en contacto no telefono: 693 910 691 ou visitar a súa páxina web:
http://www.verdegaia.org

– Sociedade Galega de Historia Natural: Coméntanos que teñen unha guía de recomendacións para actuar en zonas queimadas en diferentes idiomas. Ademáis das versións html na web, agardan ter en breve unhas versións en PDF imprimible. Deixámosvos a versión en galego:http://www.sghn.org/Actuacions_Xeral/Incendios/Guia_actuacions_post-incendio.html

– Comité de Defensa do Monte Galego: Plataforma cidadá que agrupa a organizacións ambientalistas, sociais, políticas e sindicais. Podedes contactar con eles a través deste enderezo de correo: comitedefensamontegalego@gmail.com

Tódalas organizacións consultadas coinciden na importancia de pensar en alternativas a longo prazo e na necesidade dun cambio de política forestal para que isto non volva acontecer.

Dende En Marea promoveuse a creación dun grupo de traballo sobre emerxencias e incendios para analizar o porque dos lumes e preparar propostas de cambio de política forestal para ser presentadas no Parlamento Galego. Para colaborar, podedes poñervos en contacto no mail xornadaincendios@gmail.com

Pasámosvos tamén os contactos dos concellos da zona cero, que son os que están xestionando as axudas nas respectivas localidades e quen mellor vos poden indicar que axuda específica precisan:

AS NEVES:
Podedes anotarvos cómo voluntarias no CENTRO DE VOLUNTARIADO do Centro Social: 609782868 ou 636776900. En horario de 11 a 20 horas tódolos días.
Páxina web: http://asneves.gal/as-neves-zona-cero-voluntariado/

CARBALLEDA DE AVIA:
Están elaborando un listado de voluntarias a través dos teléfonos: 988487000 e 676823775.

NIGRÁN:
Están elaborando un listado de voluntarias a través do propio teléfono do concello: 986365000.

GONDOMAR:
Contan cun servizo de voluntariado para organizar as intervencións de reparación nos montes que está xestionado directamente dende a área de Medio Ambiente. Podedes anotarvos no e-mail: urbanismo@concellodegondomar.com
Teñen a primeira reunión mañán sábado ás 20:00, no Centro Neural de Gondomar.

PONTECALDELAS:
Podedes anotarvos cómo voluntarios na casa da Cultura, no teléfono 986 767235, en horario 9.30- 14.00. Teñen organizada unha xornada de mulching para este mesmo sábado, para a que fai falla inscrición previa.

VIGO:
O número de teléfono habilitado para o voluntariado de recuperación dos montes é o 986616388, con horario de atención de luns a venres de 8:00 a 20:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 horas. A dirección electrónica de contacto:atenciondanosevoluntarios@vigo.org

SALCEDA DE CASELAS:
Puxo en marcha unha bolsa de voluntarios/as vai servir de base para visitar todos os barrios afectados nas parroquias, co obxectivo de distribuir formularios para definir os datos (superficie, descrición de danos, valoración económica,…), que deberán ser entregados na Oficina de Apoio. O grupo de Voluntarios xa tivo a sua primeira reunión e podedes anotarvos a través do propio número do concello: 986349003

PONTEAREAS:
Podedes anotarvos cómo voluntarias no teléfono: 687.764.206, ou no correo: medioambiente@ponteareas.gal

Son moitas as zonas afectadas, habería que incluír nesta listaxe Baños de Molgas, Allariz, Chantada, Parada de Sil, Baiona, Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso, Xinzo de Limia, A Gudiña, Salvaterra do Miño… E por suposto, non podemos esquecernos da Serra do Xures e da Serra do Courel. A nosa recomendación é que se queredes traballar nunha área concreta contactedes directamente co concello ou coas Comunidades de Montes, pois serán elas as que teñan un maior coñecemento da área. Estade asímesmo atentas as recomendacións das diferentes asociacións ecoloxistas e consultade con elas pois contan con persoal técnico e xente moi implicada na recuperación e conservación dos montes.

Esperamos que esta información vos sexa de utilidade. Ó longo da semana pasada puidemos ver cómo só o pobo salva ó pobo. É hora de axudar, pero tamén de pedir responsabilidades políticas.