Axudan a unha persoa a saír dun vehículo accidentado en Cee

Publicado por o día 08/10/2018 na sección de Sucesos

Axudan a unha persoa a saír dun vehículo accidentado en Cee

O 112 Galicia rexistrou esta tarde outro sinistro no que resultou ferida unha muller. Sucedeu ás 18:00 horas no Lugar de Vilanova (Cee) onde o vehículo que conducía a ferida saíuse da vía. Para poder acceder a ela, os Bombeiros de Cee retiraron os asentos traseiros e a muller puido ser evacuada polo maleteiro. Posteriormente, recibiu os primeiros coidados por parte dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Este operativo púxose en marcha logo de recibir o 112 Galicia unha chamada de alerta dun familiar que pedía axuda para a muller ferida no interior do coche. Decontado, ademais dos servizos sanitarios de urxencia, desde o 112, pediuse a colaboración dos bombeiros, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico.