Axudicada as obras de mellora do sistema de saneamento p√ļblico nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, no concello de Crecente, cun investimento de 400.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local
Publicado por o d√≠a 12/11/2019 na sección de Xunta de Galicia

Axudicada as obras de mellora do sistema de saneamento p√ļblico nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, no concello de Crecente, cun investimento de 400.000 euros

A Conseller√≠a de Infraestruturas e Mobilidade, a trav√©s de Augas de Galicia, v√©n de adxudicar as obras de mellora do sistema de saneamento p√ļblico nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, no concello de Crecente.

Este contrato, adxudicado á empresa Hordescon, SL, contará cunha achega de preto de 400.000 euros e dispón dun prazo de execución de 6 meses, a contar desde o seu inicio.

Esta actuación ten como obxectivo executar unha nova rede de colectores nesta parroquias ao carecer na actualidade esta parroquias dunha rede de saneamento axeitado.

Segundo o proxecto definido neste contrato, en Ameixeira executarase unha nova rede de saneamento que conducir√° as augas residuais √° EDAR da Ca√Īiza. A rede proxectada estar√° formada por un colector principal, con tres derivaci√≥ns e un colector secundario independente do anterior. Instalarase tam√©n un grupo de bombeo coa s√ļa correspondente tubaxe de impulsi√≥n, que conducir√° o efluente ata o pozo de entrada da EDAR da Ca√Īiza.

Os traballos na parroquia de Sendelle prevén a execución dun colector principal. Para iso reconstruiranse 102 metros dun tramo de rede de augas pluviais afectado pola construción do colector principal, así como 6 conexións á rede de saneamento de augas residuais existentes.

Esta intervención permitirá dar servizo a unha poboación estimada de 119 habitantes equivalente para o ano horizonte 2043 e está cofinanciada a través do FEADER no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) Galicia 14-20.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén prestando o seu apoio técnico e financeiro aos municipios para que estes poidan prestar de xeito eficaz os servizos de saneamento e abastecemento, que son de competencia local.

Comentar noticia

Your email address will not be published.