Atraer a numerosos turistas tamén en tempada baixa. É o obxectivo que persegue Baiona xunto co resto de localidades que compoñen a asociación Vilas Mariñeiras desde a súa creación. O último proxecto deseñado pola entidade pretende alcanzar a ansiada desestacionalización mediante o impulso de paquetes de experiencias.
Unha vintena de establecementos sumáronse xa á iniciativa da Asociación Vilas Mariñeiras para impulsar en Baiona, un produto turístico vinculado ás experiencias mariñeiras. O eixo principal deste proxecto son as vivencias que o turista poderá gozar vinculadas á cultura do mar, e estanse mantendo reunións con entidades directamente vinculadas ao sector mariñeiro como a Confraría de Pescadores “A Anunciada” de Baiona ou representantes do Grupo de Acción Costeria, GAC 7: Ría de Vigo- A Guarda, entre outros.
O presidente da Asociación e Alcalde de Baiona, Anxo Rodal, informou que: “Puxéronse encima da mesa experiencias singulares que poden potenciarse e cuxos impulsores recibirán nestes meses unha asistencia directa de consultoría por parte do equipo de xerencia de Vilas Mariñeiras. Mariñeiro en terra, para poder gozar de como é a preparación do barco para saír a pescar, as redes, as nasas, as diferentes artes de pesca, as historias dos mariñeiros contadas desde a experiencia de toda unha vida no mar. Mariscadoras, para ver a pé como se recollen os percebes ou os ourizos, protagonistas absolutos do mar nesta Vila Mariñeira. Ao mercado co chef, para adquirir desde o saber da peixaría, o mellor sabor que cociñará un chef profesional nun restaurante da localidade. Descubrindo o porto deportivo, paseos en barco, rutas guiadas pola Baiona mariñeira salpicada de historia, lendas e naufraxios; ou pedalea polo Camiño de Santiago, son entre outras algunhas das propostas actuais”.
Á parte do sector máis vinculado ao mar, sumáronse ao proxecto o que no manual de Produto Mariñeiro denominouse servizos complementarios: aloxamento, restaurantes, comercios, equipamentos que fan unha chiscadela ao mar incluíndo elementos mariñeiros na súa actividade e que se atopan situados no municipio de Baiona. Incorporáronse tamén empresas de turismo activo, unindo á súa actividade unha orientación á cultura mariñeira. Destacar: en paddel surf a ver as bateas, rema o Camiño en kaiak de mar, entre outras.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.