Baiona tramita solicitudes para participar no programa “Xuntos Polo Nadal”

Por o 05/11/2018 | Sección: Eventos
Baiona tramita solicitudes para participar no programa “Xuntos Polo Nadal”

A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas nalgún  concello de Galicia que, valéndose por si mesmas, atópense soas nestas datas.

Este programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019. Consiste nunha estancia de 16 días na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense) en réxime de pensión completa con actividades de animación sociocultural.

O prazo para presentar solicitudes termina o 15 de novembro. Os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do  Concello, en horario de atención de 09:00 h a 13:00 h, situado na planta baixa da casa consistorial, e no teléfono 986 38 59 26.

Comentar noticia

Your email address will not be published.