Os servizos de emerxencias manteñen baixo vixilancia un edificio de Ponteceso no que se rexistraron algunhas fendas.
A descuberta destas brechas causou alarma entre os veciños, que, decontado, contactaron co 112 Galicia cando pasaban das once da noite pasada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitouse a intervención dos membros do GES da localidade, que, desde ese momento, controlan a estrutura ata que os técnicos municipais analicen en profundidade a situación e adopten as medidas necesarias para garantir a seguridade.
Pola súa parte, os efectivos do grupo de emerxencias recomendaron aos veciños permanecer atentos, aínda que algúns deles optaron por pasar a noite noutro domicilio. Cómpre indicar que se trata dun edificio composto por baixo, que se atopa en obras, e dous andares con dúas viviendas por cada unha, algunha delas, desocupada neste intre.
Noticias de última hora en Vigo