Balseiro preside a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

Publicado por o día 27/06/2017 na sección de Medio Ambiente,Xunta de Galicia

Balseiro preside a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu esta mañá a reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais. Na xuntanza tamén participaron o subdelegado de Goberno en Lugo, Ramón Carballo, os responsables provincias da Policía Autonómica, Nacional e da Garda Civil, e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural.

O encontro ten como obxectivo coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria durante a campaña deste ano, que estará operativa dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios. Todos os participantes na reunión celebrada esta mañá na sede da Delegación Territorial de Lugo coincidiron en sinalar a importancia da campaña que arranca a semana que vén.