Balseiro subli√Īa que investir en industrias de transformaci√≥n agroalimentaria √© ‚Äúapostar por un futuro rendible no rural galego‚ÄĚ

O delegado territorial explicou que a Xunta destinou en Lugo máis de 9 millóns de euros a 22 proxectos empresariais para instalacións e equipamentos
Publicado por o d√≠a 07/04/2017 na sección de Galicia,Lugo,Vigo,Xunta de Galicia

Balseiro subli√Īa que investir en industrias de transformaci√≥n agroalimentaria √© ‚Äúapostar por un futuro rendible no rural galego‚ÄĚ

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Jos√© Manuel Balseiro, destacou onte que ‚Äúinvestir en industrias de transformaci√≥n agroalimentaria √© apostar por un futuro rendible no rural galego‚ÄĚ. De a√≠, explicou, que a Conseller√≠a do Medio Rural convoque unha li√Īa de axudas para as empresas que realicen investimentos en transformaci√≥n e comercializaci√≥n de produtos agrarios.

Ao abeiro deste programa, a conseller√≠a impulsa na provincia de Lugo 22 proxectos aos que destina un investimento total de m√°is de 9 mill√≥ns de euros. Deste total, o pasado ano contabiliz√°ronse pagos por importe de 4,8 euros, dado que as empresas te√Īen tres anos para desenvolver as s√ļas actuaci√≥ns.

O delegado apuntou que nos vindeiros meses se sumarán outros proxectos, dado que está en trámite unha nova convocatoria destas axudas. A dotación orzamentaria total ascende a 27,4 millóns de euros, cofinanciada nun 75% polo Feader. Así, para a anualidade do 2017, o presuposto é de 13,1 millóns, para o 2018 a cantidade é de 11,8 millóns e para 2019 a contía ascende a 2,5 millóns de euros.

A meirande parte das iniciativas sufragadas no 2016 corresponden a proxectos relativos √° industria l√°ctea (12), se ben tam√©n se rexistraron d√ļas relacionadas coa industria c√°rnica, outras tantas para industrias de casta√Īas e de mel, e diversos investimentos en industrias de pensos, ovos, licores ou conservas.

O delegado territorial fixo estas declaraci√≥ns durante a visita que realizou √° empresa Alib√≥s Galicia SL, en Monterroso, acompa√Īado do xerente da empresa, Jes√ļs Quint√° Garc√≠a.

Aproveitar os recursos do entorno

A empresa monterrosina, unha das beneficiarias deste programa de axudas, traballa no aproveitamento de produtos silvestres, como os cogomelos e as casta√Īas, e outros cultivos da comarca da Ulloa, como os esp√°rragos verdes, framboesas e amorodos.

A través desta subvención está a executar obras como a ampliación da nave e a mellora da instalación frigorífica, ademais de adquirir diversa maquinaria e equipamento.

Ao respecto, o delegado lembrou que son subvencionables os gastos de construción, adquisición e mellora de bens inmobles, a compra de maquinaria e equipamentos novos, ou a adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos, patentes, licenzas, dereitos de autor ou marcas rexistradas, entre outros.

Jos√© Manuel Balseiro gabou o √©xito de Alib√≥s Galicia, que hoxe da emprego a m√°is de 30 persoas, e sinalou que √© ‚Äúun modelo a seguir, un proxecto empresarial que apostou por centrarse nos recursos do seu entorno e desenvolver procesos de transformaci√≥n e comercializaci√≥n que engaden valor ao produto‚ÄĚ.

As√≠ mesmo, subli√Īou que Alib√≥s ‚Äúaxuda a diversificar o noso sector agroalimentario e da testemu√Īa de que, con traballo e boa xesti√≥n, hai moitos modos de obter rendibilidade dos recursos do rural‚ÄĚ.