A banda 7setenta actuará este domingo no Auditorio Municipal de Ribadumia

Continuando coa proposta de aumentar as ofertas culturais do municipio, o próximo domingo, día 18 de febreiro ás 19:00 horas, a banda vilagarciana 7Setenta actuará no Auditorio de Ribadumia
Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Eventos,Galicia

A banda 7setenta actuará este domingo no Auditorio Municipal de Ribadumia

O conxunto ofrecerá aos presentes un amplo abanico de versións do mellor rock de tódolos tempos: de The Beatles a Pink Floyd, pasando polos Rolling Stones, Deep Purple ou Rosendo, a banda fará as delicias dos amantes dun dos estilos musicais con máis seguidores no mundo.

Con sete membros en activo na actualidade, 7Setenta conta cunha dilatada carreira ás súas costas. A banda nace en 1997 en Vilagarcía de Arousa cando, como eles mesmos escriben nas redes sociais, “un grupo de amigos e amantes da música dos setenta decidimos unirnos para recrear os temas lendarios daquela época”. Nestes comezos, a formación contaba con sete compoñentes (feito que marcaría o nomeamento do grupo), aos que máis tarde se sumarían tres voces femininas, mellorando e ampliando así o seu repertorio.

Este domingo, a partir das 19:00 horas., os de Vilagarcía aterrarán en Ribadumia para finalizar a semana coa mellor enerxía, nun concerto para tódolos públicos e con entrada de balde. Veciños e visitantes poderán achegarse ao Auditorio e desfrutar bailando en familia as versións dos mellores grupos de rock and roll