Bará acada o compromiso do PP para resolver os residuos de LINDANO no concello do O Porriño

O estudo realizado en 1999 confirmou a localización de solos contaminados no Polígono das Gándaras e Torneiros e recentemente no lugar de Contrasto tralas obras de saneamento
Publicado por o día 12/12/2017 na sección de BNG,Galicia,O Porriño,Política

Bará acada o compromiso do PP para resolver os residuos de LINDANO no concello do O Porriño

O deputado por Pontevedra, Luis Bará acadou hoxe o compromiso do grupo parlamentar do Partido popular na comisión de Medio Ambiente  para iniciar as medidas necesarias  contra os riscos á saúde dos solos contaminantes  por  lindano no concello do Porriño.

O nacionalista lembrou  que  o estudo realizado no ano 1999 confirmou a localización de solos contaminados por lindano  no Polígono das Gándaras e   Torneiros así como a presenza  deste produto   no lugar de Contrasto despois de realizar as  obras de saneamento.

O texto da proposición non de lei do BNG,  transaccionado co PP e Psoe contou coa  unanimidade da comisión para instar   ao Goberno galego a:

  1. Rematar, no tempo máis breve prazo posible, o estudo exhaustivo que se está realizando sobre os solos contaminados con lindano no concello do Porriño.
  2. Tras os resultados do estudo e localizadas as zonas contaminadas, realizar en colaboración co concello un proxecto de descontaminación das zonas afectadas que deberá comezar a executarse ao longo do ano 2018.
  3. Continuar adoptando en colaboración co concello de Porriño as medidas preventivas necesarias para evitar riscos para a saúde das persoas.

3.bis, Colaborar coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil co concello para garantir      o abastecemento de auga á poboación afectada.

Na súa intervención, o deputado do BNG  lembrou que o lindano comezou a ser  coñecido a  finais dos anos 40 e mediados dos 60. A  empresa Zeltia, explicou Bará,  sintetizou Lindano, un hexaclorociloexano utilizado para a fabricación de insecticidas. Os residuos cristalizados xerados neste proceso de fabricación foron empregados como material para a construción de camiños e estradas, así como en recheos en diversas obras a pesar da alta toxicidade do produto cuxos efectos  incrementáronse  co paso do tempo provocando un grave risco  para a saúde e o medio ambiente.

O parlamentario nacionalista  recibiu con satisfacción o acordo acadado hoxe no Parlamento galego  e anunciou que o BNG vixiará o cumprimento deste acordo que fai imprescindíbel a  actuación da Xunta de Galiza para procurar unha solución definitiva á contaminación de solos e pozos de auga no concello do Porriño.