Contra a barbarie da caza de raposos

Por o 12/02/2018 | Sección: EQUO,Política
Contra a barbarie da caza de raposos

EQUO Galicia cataloga de exterminio, e non de deporte, todos os campionatos de caza do raposo que se celebraron e vanse a celebrar en Galicia. O campionato nacional que se vai a celebrar o 3 de febreiro en Pontevedra é un exemplo da impunidade e apoio institucional dunha masacre de animais salvaxes sen ningunha xustificación nin estudo poboacional previo.

Condenamos tamén a postura da Xunta de financiar plans de fomento da caza entre os máis xoves.

Consideramos un despropósito que a Xunta estea a negociar coa Federación de Caza a taxa de alcolemia permitida para exercer esta actividade de risco. Sería de sentido común que non permitirase inxerir bebidas alcólicas ás persoas que porten unha arma de fogo, xa que pode ser potencialmente mortal para calquera persoa en caso de acidente.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.