Barreras lévase 12 dos 22 barcos da frota que renovará PEMEX a cambio de colaboración con 4 estaleiros mexicanos

Publicado por o día 15/01/2014 na sección de Naval,Vigo

Barreras lévase 12 dos 22 barcos da frota que renovará PEMEX a cambio de colaboración con 4 estaleiros mexicanos

 As noticias de carga de traballo para Barreras parecen non cesar e no día de hoxe temos coñecido que a empresa comprada por PEMEX, asinou un acordo de colaboración cos 4 principais estaleiros mexicanos para exportar os coñecementos tecnolóxicos e de apoio necesarios á industria naval do país latino que lles permita competir na construción de todo tipo de barcos a nivel internacional. Cabe recordar cos estaleiros da ría de Vigo, gozan do recoñecemento de armadores de todo o mundo.

A cambio deste traspaso de coñecementos, o estaleiro vigués sería o construtor de 12 dos 22 buques que a petroleira ten previsto realizar nos próximos meses como reforzo á súa actual frota.

Para as persoas sen traballo na cidade, que non son poucas, acontece un novo raio de esperanza ao dispoñer de novas oportunidades de inserción a un mercado laboral agónico pero para os mais críticos, non é máis que un movemento anunciado, baseado na compra dun estaleiro a prezo de saldo que dota de traballo durante uns anos á empresa e a cambio recolle todos os coñecementos necesarios que lle sirvan para realizar os barcos no seu país.

Só o tempo dirá as intencións de PEMEX con Estaleiros Barreiras, o que está claro é que nestes momentos tan difíciles para encontrar traballo, moitas familias poderán volver encher as súas neveiras.