BARRIO DO CURA: A cara oculta da Lua.

Por o 26/09/2014 | Sección: Opinión,Opinión por Fran Riveiro
BARRIO DO CURA: A cara oculta da Lua.

Amosando a cara oculta, a outra realidade de Vigo a que as institucións tórcenlle a cara e tratan de ocultar. Despilfarro de fondos públicos nunhas escaleiras mecánicas innecesarias e en xardíns para recibir o novo “Titanic”, ¿e as persoas?, ¿e a dignidade? ,o certo é que as administracións interésanlle crear e manter estes “guettos” onde ocultar as suas miserias, a sua incompetencia, a sua desidia, en resume:FALLA DE HUMANIDADE.

O peche do Programa Sereos do Casco Vello, non fai máis que apagar esa pequena luz o fin do tunel, negar o ese almorzo quente a mañán, rachar ese pequeno fio de esperanza e humanidade.

Elas tamén son persoas, seres humáns, irmás e irmáns nosos ainda que para algúns, como PPSOE, non conten o non serlles “votante en potencia”.

Catro persoas levan mortas no antigo asilo no que vai de ano, soas e no anonimato, entre escombros e paredes frias espidas, esquecidas e sin dereito a unha lousa na que figure quen son mentres alguén,seguramente, inauguraba unha lousa nalgunha humanización.

¿Humanizar?, penso que se pervertiu e perdeu o significado desa palabra que significa facer a alguén máis humano,familiar… Non podo máis que derramar bagoas amargas, sentir indignación e impotencia polos catro,que a terra lles sexa leve.

Fran Riveiro. Activista social e membro de AnovaVigo.