O barrio de Teis bótase á rúa para pedir un autobús urbano para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A marcha foi secundada por ao redor de 500 veciños e veciñas convocados pola asociación veciñal do mesmo barrio
Publicado por o día 28/09/2016 na sección de A.V. Teis,Protestas,Social,Vigo

O barrio de Teis bótase á rúa para pedir un autobús urbano para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro


No día de onte a iso das sete da tarde os veciños do Barrio Teis camiñaban ata a praza de abastos do mesmo barrio, alí fóronse concentrando para partir cara á rotonda de Guixar. A marcha foi secundada por ao redor de 500 veciños e veciñas convocados pola asociación veciñal do mesmo barrio.

O motivo desta protesta veciñal é para pedir un autobús da empresa Vitrasa que lles leve cara ao novo hospital de Vigo, levan un ano e uns meses pedindo que se lles destine o autobús porque non o dispoñen, en caso de querer usar o Vitrasa teñen que trasladarse desde a Rúa Sanjurjo Badía ata a rúa García Barbón facendo un transbordo un transbordo que leva a moitas molestias para poder ir ata o complexo hospitalario de Beade-Valadares, algúns veciños camiñan cara a García Barbón.

Segundo Abel Ramón Caballero no seu programa de Localia televisión chamado “Vigo de Cerca” do pasado dia 23 de setembro deste mesmo ano dixo que están a estudar o tema, tema que leva estudándose ao redor dun ano sen saber realmente o resultado final do estudo mentres tanto noutros Barrios da cidade ao mais abrir o Hospital Alvaro Cunqueiro púxolles unha liña de autobús directa, barrios próximos e parroquias ao complexo hospitalario.

No caso de que non se arranxe este servizo que urxe á veciñanza de Teis en quince días volverán á rúa de novo.

Fotos da marcha no noso facebook